logo

Musigalité

musigalité

música alternativa galega e experiencias dixitais

preloader

Musigalité

Musigalité é unha aposta da CRTVG pola música alternativa galega e polas novas tecnoloxías. Unha experiencia televisiva e dixital a través de contidos multimedia  sincronizados.  Pensado para promover a cultura galega emerxente no mundo enteiro.

Musigalité nace coa aspiración de contar o que está a pasar na escena musical alternativa galega

Dende dentro, sen adornos, percorrendo miles de quilómetros para chegar a cantos máis recunchos sexa posible

Ti e os artistas sodes os protagonistas de Musigalité

En Musigalité os artistas toman a palabra para contar a todos os que amamos calquera tipo de música que é o que hai ao seu (ao noso) redor; máis alá dos acordes e das súas letras… Isto non existiría sen aqueles que escoitades a súa música e ides aos seus concertos, sen vós non habería cancións que escoitar nin actuacións que ver.

Construíndo unha historia que é a túa

E queriamos ir máis alá de cando remata a canción, sabedores de que cando se apágan as luces, quedan ainda moitas cousas que amosar e gozar. Por iso Musigalité nunca remata, vive na televisión, na radio, na web, no teu ordenador e no teu móbil... Trinta minutos non chegaban, queriamos contar máis cousas, xogar co que está a pasar, cambialas, reescribilas… sen resignarnos a deixar a meirande parte da historia fóra.

Musigalité non é un documental, nin un show musical, nin un magazine con entrevistas

é todo iso e algo máis

é a naturalidade, a autenticidade

é a música galega, contada como ti queras escribila, vela e escoitala…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies